Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

#ProhibidoNenas: Defendamos o dereito á educación das nenas afgás!

Amnistía Internacional,

O 23 de marzo de 2022, as alumnas de ensino secundario ían volver ás aulas despois de sete meses de interrupción. Aínda que moitas nenas estaban impacientes por comenzar as clases, os talibán anunciaron ás nove da mañá que decidiran manter pechadas as escolas para as nenas ata que se deseñasen uniformes escolares acordes cos costumes e a cultura afgáns e coa sharia (lei islámica), e todas recibiron a orde de abandonaren os centros escolares inmediatamente.

Citar a cultura afgá e a sharia é unha vella argucia dos talibán para privaren a mulleres e nenas dos seus dereitos. É unha xustificación completamente inaceptable e constitúe unha violación flagrante do dereito á educación, que ensombrece o futuro de millóns de nenas afgás. Negarlles ás nenas o seu dereito á educación terá consecuencias a longo prazo, non só para elas, senón taménpara as perspectivas de reconstrución social e crecemento económico de Afganistán.

Propómosche que nos axudes neste inicio de curso, xunto cos teus estudantes, alzando a vosa voz para que estas nenas poidan volver ao colexio canto antes:

  • Pega carteis e elabora murais contando o que lles sucede a estas nenas; pegádeos nalgún lugar visible do centro (entrada, corredores, patio etc.)

  • Escribe postais para lles pedir aos talibán que as nenas afgás teñan dereito á educación, ou para mostrar solidariedade con elas

  • Dedica un anaco nunha das túas clases a contar o que sucede, e pon en marcha algún taller dos que che propomos

  • Facédevos unha foto colectiva que denuncie esta situación (no material tendes algunhas ideas sobre como facelo)

  • Difundide a campaña a través de familias e organizacións educativas da vosa localidade

Podes descargar toda a información necesaria e propostas na sección de recursos.>