Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Taller levado a cabo por COGAM nun centro escolar. © COGAM

Taller levado a cabo por COGAM nun centro escolar. © COGAM

Blog

Talleres de diversidade LGTBI: previr o acoso, apoderar e sensibilizar para a diversidade

  • Desde 1994, o Colectivo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais de Madrid (COGAM) pon á disposición dos centros escolares da Comunidade de Madrid os seus talleres de diversidade LGTBI para previr o acoso escolar, sensibilizar para a aceptación da diversidade afectivo-sexual e de xénero e apoderar o alumnado cunha identidade ou orientación sexual diversa. Falamos con Sara Guilló, psicóloga social e técnica de educación e atención e orientación a persoas mozas do colectivo, sobre estes talleres que imparten decenas de voluntarios nunha media de 40 institutos, tanto públicos como privados. Polo camiño, saen temas como diversidade –non só afectivo-sexual e de xénero, senón cultural e relixiosa–, democracia, liberdades e dereitos humanos.
Juan Ignacio Cortés, colaborador de Amnistía Internacional,

–Que porcentaxe de acoso escolar ten que ver cunha orientación afectivo-sexual percibida como diferente da heterosexual?

–Os nosos datos indican que un 6 % do alumnado ten sufrido agresións físicas LGTBIfobas e o 67 % do alumnado ten presenciado agresións verbais LGTBIfobas.

–É unha incidencia moi alta.

–A LGTBIfobia está moi normalizada. Cando se producen agresións físicas, tómanse medidas e o propio alumnado denúnciao, mais as humillacións máis sutís, como insultos ou burlas, están totalmente normalizadas ata polas propias vítimas.

–Ao examinar este e outros tipos de violencia, sempre xorde a pregunta de se aumentaron os casos ou se son máis visibles porque se denuncian máis.

–A sensibilidade ante o acoso LGTBIfobo ten aumentado moito, debido ás leis de protección ao colectivo LGTBI. Tamén hai máis visibilidade porque os menores manifestan máis publicamente a súa identidade e a súa orientación de xénero, e isto xera confrontación. Nos últimos anos, ademais, ten calado entre a poboación xuvenil e parte do profesorado o discurso de odio da ultradereita.

–Dicides que hai 10 ou 15 anos a violencia era máis física, e que agora é máis psicolóxica ou a través das redes.

–O cyber-bullying LGTBIfobo alcanza niveis alarmantes e aumenta enormemente a vulnerabilidade das vítimas. Neste tipo de acoso participan non só os compañeiros do centro, senón persoas alleas a este, e mesmo anónimas. Hai máis espazos para un acoso que incluso invade o propio fogar.

Sara Guilló, psicóloga social e técnica de educación e atención e orientación a persoas mozas. © COGAM

–Pórse diante dun grupo de adolescentes para falar de diversidade sexual e afectiva seguro que require valor. Imaxino que requiría moitísimo máis hai case 30 anos.

–Ten habido unha grande evolución. Quen impartía os talleres enfrontábase a humillacións ou mesmo intentos de agresión física. Agora hai moita máis aceptación, aínda que, insisto, detectamos un retroceso.

–Recorren a miúdo á dramatización. Segue custando falar de sexo?

–Entre os rapaces e rapazas, non. Agora teñen moita máis información sobre sexo nas redes e os medios. Outra cuestión é a calidade desa información.

–Segue a ser hoxe un problema para un menor dicirlles aos seus pais que non é heterosexual?

–Nas familias seguen a encontrarse barreiras. Moitas mostran esa actitude de respecto ante o colectivo LGTBI, mais cústalles aceptar a diversidade nos seus fillos e fillas.

–Hai unha correlación entre o nivel socio-educativo dun centro ou unha familia e a aceptación da diversidade afectivo-sexual e de xénero?

–A LGTBIfobia, ao igual que o machismo e outras formas de discriminación, está presente en todas as clases sociais. Si que vai parella á visibilidade. Conforme nos afastamos do centro de Madrid cara a poboacións pequenas en que hai menor visibilidade da diversidade, hai máis discriminación.

 Taller desenvolvido nun centro educativo. © COGAM

–A xente e os políticos que se opoñen a estes talleres argumentan que os pais teñen dereito a decidir a que información se ven expostos os seus fillos e fillas.

–Os contidos curriculares son os que marca a lei, e inclúen a educación para a diversidade e os dereitos humanos. Hai que educar no respecto á diversidade afectivo-sexual e de xénero para previr o acoso e para ter sociedades abertas e respectuosas cos dereitos humanos.

–Máis alá da escola, as cifras de agresións LGTBIfobas no noso país medran cada ano.

–Como na escola, a repunta ten que ver cos discursos de odio e con que cada vez máis persoas viven a súa identidade e a súa orientación afectivo-sexual e de xénero aberta e libremente.

–Tamén aumenta a utilización política da LGTBIfobia. Madrid vai revisar as súas leis neste campo. É unha causa ou un síntoma?

–Para min, unha causa. Determinados discursos xeran en parte da opinión pública unha visión negativa do colectivo LGTBI, que está detrás da repunta de agresións.

–En Hungría, o Goberno prohibe falar de diversidade sexual en escolas e medios. Son situacións comparables?

–É unha mostra de ata onde podemos chegar se nos relaxamos, se quitamos importancia a estes discursos e non actuamos.

–Como se pode contrarrestar ese retroceso?

–A educación favorece que as futuras xeracións sexan máis inclusivas e respectuosas coa diversidade, mais hai que sensibilizar toda a poboación. O traballo en produtos de ocio, como series ou películas, redes e medios de comunicación, é moi importante. E hai que seguir ao pé do canón do activismo e da política.

Se queredes máis información ou concertar talleres con COGAM, podedes visitar a súa páxina web nesta ligazón.