Nesta sección pomos á túa disposición unha serie de formacións en liña sobre cuestións de dereitos humanos que poden serche útiles. Na descrición de cada unha podes consultar a duración e a temática xeral. Algunhas delas pertencen a plataformas de AI externas a esta web e pediranche un rexistro para poder cursalas.
Microcurso en liña sobre acoso escolar
Curso de 45 minutos de duración que fai visible a situación do acoso escolar en España e as vulneracións que sofren as persoas que o viven, as medidas existentes para combatelo e datos específicos da última investigación realizada na temática.
Promove a toma de conciencia sobre como o acoso escolar é un problema de dereitos humanos e o coñecemento das medidas que propón Amnistía Internacional para abordar esta problemática.
Microcurso en liña sobre diversidade sexual e de xénero
Curso de 1 hora de duración sobre conceptos básicos en torno á diversidade e as violacións de dereitos humanos que sofren as persoas lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais (LGBTI) en todo o mundo.
Promove a comprensión das vulneracións de dereitos que viven as persoas LGBTI, así como os cambios que se viñeron producindo na defensa e garantía dos seus dereitos.
Guía breve sobre Escribe polos Dereitos
Curso breve de 15 minutos de duración que capacita e motiva a participar na campaña de Amnistía Internacional Escribe polos Dereitos Humanos, que se realiza anualmente a fin de lograr cambios na vida de defensores e defensoras dos dereitos humanos.
Promove a acción para o cambio escribindo cartas de solidariedade a persoas tratadas inxustamente por tentaren facer valer os dereitos humanos e aos Estados para que garantan os dereitos destas.
Introdución aos dereitos humanos
Curso de 1 hora e 30 minutos de duración que fomenta a toma de conciencia sobre como os dereitos humanos se relacionan coa propia vida, e capacita para actuar en favor destes.
Promove a adquisición de seguridade e confianza á hora de poder explicar o que son os dereitos humanos, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades relacionados coa defensa e promoción dos dereitos humanos.
Dereitos humanos: unha ferramenta para o cambio
Curso de 15 horas de duración que permite ter unha idea máis clara do sistema de dereitos humanos, e capacita no entendemento destes como unha ferramenta que promove o cambio.
Promove a identificación e a análise daqueles dereitos que máis nos afectan, analizando os problemas e o contorno propio, favorecendo o entendemento sobre cuestións máis complexas relacionadas cos dereitos humanos, evitando as respostas e posturas do tipo “branco ou negro”.
Guía breve sobre os defensores e defensoras de dereitos humanos
Curso breve de 20 minutos de duración que ofrece nocións básicas de quen son os defensores de dereitos humanos e cal é o seu labor, a través de tres casos reais de persoas que loitan por facelos valer e sofren ameazas ou vulneracións sobre os seus propios dereitos.
Promove claves sobre como contarlles a outras persoas a importancia de defender os dereitos humanos e como te converteres no seu defensor ou defensora.
Unha introdución aos defensores de dereitos humanos
Curso de 15 horas de duración que promove a adquisición de coñecementos relacionados cos defensores e defensoras de dereitos humanos, o traballo que desempeñan e as ameazas continuadas a que se enfrontan.
Promove o fortalecemento de argumentos en favor da defensa dos dereitos humanos, avaliando os contextos particulares e as ameazas de defensores e defensoras de dereitos humanos, así como a identificación de formas para usar a propia voz a favor destes dereitos.
Os dereitos sobre as terras dos pobos indíxenas
Curso breve de 20 minutos de duración que fai visibles as ameazas que sofren as persoas que pertencen a pobos indíxenas e a importancia de protexer os seus dereitos humanos.
Promove o coñecemento sobre os dereitos dos pobos indíxenas, como o dereito ao consentimento libre, previo e informado, e as pautas para actuar en favor destes dereitos.
O dereito a non sufrir tortura
Curso breve de 20 minutos de duración que facilita nocións básicas sobre o que son a tortura e os malos tratos e a importancia do recoñecemento do status excepcional destes dentro do dereito internacional.
Promove a toma de conciencia sobre a situación actual da tortura e os malos tratos en todo o mundo e a importancia de tomar acción para pórlles fin.
Adoptar unha postura contraria á pena de morte
Curso breve de 20 minutos de duración que permite entender a pena de morte como unha violación de dereitos humanos e a importancia de contrarrestar mensaxes erróneas en torno a ela.
Promove a adquisición de coñecementos para rebater argumentos contrarios á erradicación da pena de morte e habilidades para actuar fronte a ela.
Alzar a voz pola liberdade de expresión
Curso breve de 20 minutos de duración que favorece o coñecemento sobre o dereito á liberdade de expresión e as principais ameazas a que se enfrontan as persoas que o exercen.
Promove coñecementos en torno ao que é a liberdade de expresión e como actuar para defender e promover este dereito humano.