“
Hai homes que loitan un día, e son bos. Hai outros que loitan un ano, e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Mais hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.”Bertolt Brecht
Desde a Rede de Escolas e os grupos escolares asúmese o compromiso de traballar de maneira puntual ou continuada na defensa e a promoción dos dereitos humanos. Por iso é importante estar pendente e ao tanto das cuestións sobre as que poder actuar:
En xeral, para levar a cabo unha actividade (mesa redonda, exposición, revista para o centro...) é interesante tratar de responder a cinco preguntas fundamentais:
É importante difundir calquera actividade que vaiades realizar. Recomendamos que fagades uso da creatividade para isto. En caso de que no teñades moito tempo para deseñar, na sección de recursos adicionais facilitámosvos un modelo que podedes utilizar.
OLLO! Con posterioridade a calquera acción, é importante avaliar como foi a actividade e o impacto que tivo, así como as cousas que se poden mellorar. Non esquezades celebrar o conseguido!
Aquí tendes unhas poucas pistas para realizar algunhas das actividades que outros grupos como o voso levan a cabo pola súa visibilidade:
Escribir cartas a autoridades para esixir que actúen en relación con violacións de dereitos humanos é unha actividade que se propón con frecuencia desde Amnistía Internacional, e pode axudar a mudar a situación de moitas persoas. Tamén podemos escribir cartas de apoio a quen está a sufrir inxustizas... Lembrade: o importante é que escribades a vosa preocupación dunha maneira cómoda.
Comprobade se estades pondo en marcha a actividade correctamente:
Está demostrado que, nos procesos de aprendizaxe, a participación activa facilita a adquisición de coñecementos; por iso, dámosvos unha serie de pautas para incorporardes un enfoque onde as persoas non sexan só obxecto do proceso, senón suxeitos activos que achegan experiencias, facilitando que poidan fortalecerse as súas capacidades e habilidades.
Tende en conta que:
OLLO! As actividades participativas logran mellores resultados respecto aos obxectivos da educación en dereitos humanos, mais requiren maior preparación que unha actividade “normal”. Podedes encontrar talleres xa elaborados e diferenciados por temáticas na web da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.
A recollida de sinaturas é unha ferramenta que se utiliza en Amnistía Internacional para incidir en casos individuais. É unha oportunidade para mobilizar a sociedade civil no seu conxunto e facer presión nos gobernos e institucións que incumpren as súas obrigas en materia de dereitos humanos. Para iso, o máis efectivo é que fagades algunha destas cousas:
Todos os anos decorre o maratón mundial de recollida de sinaturas sobre algúns casos concretos de persoas que viron vulnerados os seus dereitos. Lévase a cabo en torno ao 10 de decembro, Día Mundial dos Dereitos Humanos. É unha boa oportunidade para concienciar e promover a participación da comunidade educativa (alumnado, profesorado e dirección, nais e pais, persoal non docente...) na defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, aínda que non é a única, e sempre podedes organizar unha recollida de sinaturas por un caso de acción urxente ou polo que se está a facer campaña.
Montar unha mesa redonda pode levar tempo, mais é unha actividade que permite que os relatores poidan dar diferentes puntos de vista en relación cun tema. Tende sempre en conta a dispoñibilidade das persoas con que queredes contar, sendo flexibles e barallando posibles cambios de data e hora, aínda que a idea inicial fose outra.
Hai moitas formas de realizar unha mesa, mais é importante que os/as asistentes se sintan partícipes, polo que incorporar un tempo de preguntas ao final da exposición de cada relator ou cando terminen todas as exposicións é un elemento clave que serve ademais para xerar e permitir un debate enriquecedor.
Comprobade se estades pondo correctamente en marcha a actividade:
As actividades de sensibilización dan a coñecer casos ou situacións de vulneración de dereitos humanos e xeran actitudes positivas de respecto, solidariedade e tolerancia cara ás persoas ou as situacións sobre as que sensibiliza.
Os murais compartidos permiten que se incorporen outros puntos de vista, sentimentos, ideas ou mensaxes de solidariedade cara a un tema que nos preocupa. É unha oportunidade para facer partícipe a comunidade educativa.
Comprobade se estades levando a cabo correctamente a actividade::