Dereitos Humanos das persoas en movemento: refuxio, inmigración e asilo

Conxunto de materiais educativos centrados nos dereitos das persoas en movemento e as vulneracións que viven as persoas refuxiadas, migrantes ou solicitantes de asilo. Incorpora información para o profesorado e once actividades distribuídas por idades.

Obxectivos

  • Facilitar ferramentas á comunidade docente que permitan despertar no alumnado unha conciencia de solidariedade en torno á igualdade de dereitos das persoas, con independencia do seu lugar de orixe.
  • Potenciar a reflexión, a discusión e a toma de conciencia sobre a realidade das persoas en movemento.
  • Implicar o alumnado na protección e a defensa dos dereitos de todos os seres humanos.