Conxunto de materiais educativos centrado na visibilización dos dereitos das persoas refuxiadas e migrantes e o recoñecemento das vulneracións que se cometen en diferentes partes do mundo.
Incorpora información para o profesorado, casos reais e un total de doce talleres participativos para traballar dentro ou fóra da aula. As actividades están pensadas cunha orde específica e para poder afondar na temática desde un enfoque integral, malia que cada una delas pode realizarse de maneira independente.
Obxectivos
- Fomentar o desenvolvemento da empatía e a solidariedade cara a persoas doutras culturas e países, axudando a reflexionar sobre os estereotipos e os prexuízos existentes acerca delas.
- Sensibilizar sobre as violacións de dereitos humanos que afectan a persoas de diferentes países, principalmente ás persoas en movemento, migrantes e refuxiadas.
- Visualizar a crise de refuxiados como unha cuestión global, non só europea.