Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Un traballador sanitario adminístralle unha vacina contra a polio a un neno, en Karachi (Paquistán), o luns 13 de decembro de 2021. © AP...

Un traballador sanitario adminístralle unha vacina contra a polio a un neno, en Karachi (Paquistán), o luns 13 de decembro de 2021. © AP Photo/Fareed Khan

Blog

Albert Sabin, o virólogo altruísta

Por Juan Ignacio Cortés (@JuanICortes), colaborador de Amnistía Internacional,

Albert Sabin non foi un defensor dos dereitos humanos no sentido estrito do termo. Non pronunciou grandes discursos nin impulsou grandes campañas. Porén, os seus descubrimentos contribuíron a salvar decenas de milleiros de vidas. Sobre todo, o principal deles: a vacina oral contra a poliomielite. Nun xesto que contrasta coa actitude das grandes farmacéuticas acerca das vacinas contra a COVID-19, Sabin renunciou a todo beneficio económico que a vacina puidese proporcionarlle.

Araceli Hidalgo, la primera persona en ser vacunada en España

Araceli Hidalgo, a primeira persoa en ser vacinada contra a COVID-19 en España. Ocorreuo 27 de decembro de 2020 na residencia de maiores Los Olmos, en Guadalaxara. © Pool Reuters / Gtres

Un ano de vacinación en España

O 27 de decembro de 2020 era domingo. Ás 9:00 da mañá, boa parte da poboación congregouse fronte ao televisor para ver como na residencia de maiores Los Olmos, en Guadalaxara, Araceli Hidalgo, de 96 anos, se convertía na primeira persoa vacinada en España.

Tras recibir a inxección, Araceli manifestou sentirse moi ben e, ante a multitude de medios congregados para a ocasión, declarou: A ver se podemos conseguir que o virus se nos vaia”.

Á hora de escribir estas las, o virus non se foi. Éis, en España vivimos inmersos nunha sexta onda de casos que nos ten confundidos e atemorizados. Son as segundas festas de Nadal que vivimos con angustia; rodeados de amigos, parentes e colegas de traballo que nos comunican que están contaxiados.

Non é de estrañar. O 22 de decembro, o país batía por segundo día consecutivo o récord do número de casos detectados nun día: 60.041. A falta de realización de probas diagnósticas, debido a un sistema de atención primaria sanitaria totalmente colapsado, facía sospeitar que fosen moitos máis.
 

La gente hace cola en un centro de vacunación en Nairobi, Kenia, para recibir la vacuna contra la COVID-19

Axente fai cola para recibir a vacina contra a COVID-19 no centro de saúde de Penda en Nairobi (Kenya), o 9 de decembro de 2021. © REUTERS/Baz Ratner

Ningunha persoa está a salvo ata que todas as persoas o estean

 

A responsable de todo isto é unha nova variante do virus, detectada por primeira vez en Sudáfrica en novembro e moi contaxiosa: ómicron. O optimismo dunha Europa occidental con altos índices de vacinación derrubouse como un castelo de naipes ante a chegada da nova variante.

Ómicron fixo realidade as advertencias da Organización Mundial da Saúde (OMS): ningunha persoa está a salvo ata que todas as persoas estean a salvo”. A escasa taxa de vacinación nos países do Sur global, especialmente África, supón e seguirá a suporo risco de que novas mutacións do coronavirus causen novas ondas de casos en todo o mundo.

Una mujer es vacunada contra la COVID-19 en la clínica Hillbrow en Johannesburgo, Sudáfrica

Unha muller é vacinada contra a COVID-19 na clínica Hillbrow, en Johannesburgo (Sudáfrica), o luns 6 de decembro de 2021. © AP Photo/ Shiraaz Mohamed

 

As doans de vacinas a estes países a través do mecanismo COVAX, xestionado pola OMS, foron insuficientes. O 17 de decembro, 41 países puideran vacinar menos do 10 % da súa poboación, e 98 países non alcanzarano 40 % de persoas vacinadas.

O problema de fondo é que, por moi loable que sexan COVAX e as doazóns de vacinas por parte dos países máis desenvolvidos, a comunidade internacional non deu pasos cara á verdadeira solución para acelerar o proceso de vacinación global: a liberalización das patentes das vacinas.

As grandes farmacéuticas e os gobernos resístense a acoller as recomendacións de Amnistía Internacionale outras organizacións da sociedade civil ao respecto. Estas recomendacións resúmense en dúas:

  • Os gobernos deben deixar de bloquear unha exención temporal dalgunhas normas globais sobre propiedade intelectual para impulsar o acceso universal ás vacinas contra a COVID-19.

  • As empresas deben conceder licenzas non exclusivas para os produtos sanitarios contra a COVID-19 e participar en mecanismos mundiais para compartir innovacións.

O exemplo de Sabin

Esta actitude das grandes empresas farmacéuticas contrasta coa de Albert Sabin, o virólogo que descubriu a vacina oral contra a poliomielite.

El doctor Albert Sabin muestra un frasco de su nueva vacuna antipoliomielítica

O doutor Albert Sabin mostra un frasco da súa nova vacina antipoliomielítica distribuída en Rusia, o 24 de xuño de 1959. A diferenza da vacina de Salk, a de Sabin adminístrase por vía oral. © Foto AP

Sabin naceu en 1906, en Białystok, cidade naquel momento parte do Imperio Ruso, que, tras a fin da Primeira Guerra Mundial, se incorporou ao territorio de Polonia. En 1921, os seus pais (os xudeus polacos Jacob Saperstejn e Tillie Krugman) decidiron emigrar aos Estados Unidos, en busca de novas oportunidades e para librarse dos recorrentes gromos de antisemitismo –mesmo antes do ascenso do nazismo– en Europa do leste.

A familia instalouse en Nova Jersey, onde Abram Saperstejn cursou a educación secundaria. Na Universidade de Nova York estudou medicina, coa idea orixinal de converterse en dentista, mais acabou especializándose en viroloxía. En 1931 obtivo o seu titulo e nacionalizouse estadounidense, adoptando o nome de Albert Bruce Sabin.
 

A principios e mediados do século XX, poucas enfermidades lles daban máis medo aos pais de familia que a poliomielite, unha enfermidademoi infecciosa que se contaxia a través das secrecións nasais e orais e por contacto con feces contaminadas.

As epidemias eran frecuentes e, aínda que a maioría das persoas se recuperaban rapidamente tras uns días de síntomas de tipo vírico (febre, fatiga, dor de cabeza e garganta, náuseas e diarrea), se a polio chegaba a afectar o sistema nervioso, causaba parálise temporal ou permanente.

Isto afectaba especialmente os nenos (durante moito tempo, a enfermidade foi coñecida como “parálise infantil”) e as súas extremidades inferiores. Nos casos máis agudos, a polio paralizaba os músculos do sistema respiratorio, e a persoa morría.

El doctor Albert Sabin examina un frasco que contiene cepas puras aisladas del virus de la poliomielitis

El doctor Albert Sabin examina un frasco que contiene cepas puras aisladas del virus de la poliomielitis que han demostrado ser las mejores para ser administradas vía oral, el 7 de octubre de 1956 en Cincinnati. © AP Photo/Gene Smith

O primeiro logro importante chegou en 1955, coa aprobación da vacina desenvolvida por Jonas Salk. Era un logro parcial, xa que se trataba dunha vacina inxectada e eficaz para previr a maioría das complicacións causadas pola polio, mais non a infección inicial.
 

Tras realizar multitude de autopsias de vítimas de polio, Sabin puido demostrar que o virus atacaba os intestinos antes de pasar ao sistema nervioso central. A partir deste descubrimento, desenvolveu unha vacina oral baseada en cepas modificadas do virus que estimulaba a produción de anticorpos sen causar parálise.
 

Os primeiros en probar o seu descubrimento foron el mesmo, a súa familia e os seus colegas máis próximos. Tras os primeiros ensaios, e saltando as barreiras da Guerra Fría, Sabin traballou con colegas rusos para perfeccionar a vacina oral e demostrar a súa eficacia.
 

A primeira vacina oral contra a polio de Sabin foi aprobada polas autoridades sanitarias estadounidenses en 1961, mais só servía contra unha das tres variantes do virus. Versións melloradas foron aprobadas en 1962 e, finalmente, en 1964 aprobouse unha vacina que actuaba contra as tres variantes.

Malia as enormes ganancias que o seu descubrimento podería reportarlle, Sabin renunciou a todo beneficio económico, co obxectivo de que o proceso de produción e distribución da vacina fose o máis barato posible e alcanzase o maior número de persoas.

É interesante apuntar que o seu colega Jonas Salk, que citamosantes, fixo o mesmo. Cando lle preguntaron pola patente da súa vacina, precursora da de Sabin, dixo: Non hai patente. Pódese acaso patentar o sol?”).

Ademais, o noso protagonista seguiu investigando case ata o momento da súa morte, en 1993. Durante esas décadas, desenvolveu vacinas contra outras enfermidades víricas, como a encefalite e o dengue.

 

Bebé de 10 meses con poliomelitis en Pakistán

Tariq Nawaz sostiene a su hija Tuba, de 10 meses, que padece poliomielitis, mientras una hermana la besa, en Suleiman Khel, Pakistán, uno de los dos únicos países en los que todavía se transmite esta enfermedad por la existencia de un importante movimiento contrario a la vacunación. © AP Photo/Muhammad Sajjad

A vacina contra a polio de Sabin, xunto coa cooperación internacional, permitiu a case total erradicación da polio. A principios dos oitenta, a enfermidadeaínda paralizaba cada ano cerca de 1000 nenos en todo o mundo. En 1988, a OMS lanzou a Iniciativa Mundial para a Erradicación da Poliomielite, que en 2012 reducirao número de casos globais a 291 (–99,9 % de incidencia).

En 2020, a polio foi erradicada de África, e, actualmente, tan só se transmite en Afganistán e Paquistán, onde existe un importante movemento contrario á vacinación.

Seguramente, moitos deses logros non serían posibles, ou serían máis lentos, se Sabin non renunciase a obter beneficios económicos do seu descubrimento. Un grande exemplo que, tristemente, non ten moitos seguidores nestes difíciles tempos de pandemia.