© Marcos Brindicci

Blog

Traballa na aula sobre dereitos humanos: exposición ‘Mujeres en lucha’

Carlos Sanguino, responsable de educación de AI España,

Hai un tempo, decidímonos a contar en forma de exposición a historia de mulleres como Carmen, Marielle, Patricia, Marinel, Berta e moitas outras que desde distintos recantos do mundo reivindican ter unha vida libre, sen discriminación nin violencia. Mulleres que, unidas nun mesmo grito, logran, imparables, avanzar cara á igualdade.

Na exposición ‘Mujeres en lucha’ realizarás 8 paradas, nas que descubrirás as inspiradoras historias de forza e afouteza construídas arredor da valentía, a natureza, a vivenda, a independencia e a seguranza.

Con este obxectivo, preparamos un material educativo que acompaña a exposición nas súas versións en liña e física, e que propón diversas actividades que a complementan e ofrece un espazo de debate sobre os dereitos humanos das mulleres. A partir de 14 anos, mais inclúe unha adaptación para os últimos cursos de primaria.

Ligazón á versión en liña da exposición (Podes seleccionar o idioma dentro da exposición)>.