Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Como organizo unha actividade de educación?


Hai homes que loitan un día, e son bos. Hai outros que loitan un ano, e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Mais hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.

Bertolt Brecht

Algunhas consideracións previas...

Facede propostas conectadas cos casos e os temas de dereitos humanos en que traballa Amnistía Internacional

Desde a Rede de Escolas e os grupos escolares asúmese o compromiso de traballar de maneira puntual ou continuada na defensa e a promoción dos dereitos humanos. Por iso é importante estar pendente e ao tanto das cuestións sobre as que poder actuar:

  • Realizade algunha ou todas as propostas que se formulan desde Amnistía Internacional mediante unidades didácticas ou talleres.
  • Celebrade algunha data clave que responda ás motivacións e intereses dunha temática específica para o grupo (Día Internacional dos Dereitos Humanos, Día Internacional dos Dereitos da Muller...).
  • Sensibilizade e implicade outros estudantes e o profesorado, ou a comunidade educativa no seu conxunto, sobre campañas específicas que está a levar adiante Amnistía Internacional.
  • Facede propostas enmarcadas dentro do traballo da organización que sexan atractivas e dinámicas.

As cinco cuestións clave

En xeral, para levar a cabo unha actividade (mesa redonda, exposición, revista para o centro...) é interesante tratar de responder a cinco preguntas fundamentais:

  • Que imos facer?
  • Quen o vai facer?
  • Onde?
  • Cando?
  • Como?
  • ¿Cómo?

Lembra!

É importante difundir calquera actividade que vaiades realizar. Recomendamos que fagades uso da creatividade para isto. En caso de que no teñades moito tempo para deseñar, na sección de recursos adicionais facilitámosvos un modelo que podedes utilizar.

E sobre todo...

  • Coñecede as campañas que levará adiante Amnistía Internacional. Podedes consultar a páxina https://redescuelas.es.amnesty.org/ga/, ou pedir información ao grupo máis próximo á vosa localidade no correo equipo.educacion@es.amnesty.org.
  • Escollede cal das propostas de mobilización ides realizar, e pensade nas datas viables para levala adiante.
  • Reunídevos, planificade e repartide tarefas.
  • Solicitade apoio a Amnistía España en caso de o necesitardes.
  • Escollede o mellor lugar para levala a cabo (patio, teatro, aula, zona verde próxima...).
  • Asegurádevos de que entendedes ben as regras e a finalidade da acción. Só se comprendedes o que estades a facer poderedes transmitilo de forma sinxela e fluída a quen o vexa.
  • asádeo ben, divertídevos. Os temas que tocamos son duros, reais e preocupantes, mais o proceso de pór en marcha a acción e o momento de facela non teñen por que ser un aburrimento.
  • Utilizade os modelos de planificación que se encontran na sección de recursos adicionais; poden ser moi útiles.

OLLO! Con posterioridade a calquera acción, é importante avaliar como foi a actividade e o impacto que tivo, así como as cousas que se poden mellorar. Non esquezades celebrar o conseguido!

Actividades de maior impacto

Aquí tendes unhas poucas pistas para realizar algunhas das actividades que outros grupos como o voso levan a cabo pola súa visibilidade:

Como escribir unha carta

Escribir cartas a autoridades para esixir que actúen en relación con violacións de dereitos humanos é unha actividade que se propón con frecuencia desde Amnistía Internacional, e pode axudar a mudar a situación de moitas persoas. Tamén podemos escribir cartas de apoio a quen está a sufrir inxustizas... Lembrade: o importante é que escribades a vosa preocupación dunha maneira cómoda.

Comprobade se estades pondo en marcha a actividade correctamente:

  • A carta non é moi longa (canto máis longa sexa, menos probable é que quen a reciba termine de lela); ten entre dous e tres parágrafos breves.
  • Ten un ton formal (é importante se está dirixida a diferentes autoridades, como fiscais, ministros/as, presidentes/as...).
  • Ten un elemento persoal (a autoridade ten que sentir que hai unha persoa real detrás de cada carta que reciba).çAs ideas e peticións exprésanse con claridade; a linguaxe é sinxela.
  • Expresa o que se sente en relación co caso ou co trato que recibiu a persoa.
  • Hai unha ou varias peticións claras para que a autoridade actúe.
  • Cítase algunha das normas internacionais de dereitos humanos.
  • Incluíuse o enderezo da escola ou do grupo escolar no encabezamento.

Como pór en marcha un taller participativo proposto por Amnistía Internacional

Está demostrado que, nos procesos de aprendizaxe, a participación activa facilita a adquisición de coñecementos; por iso, dámosvos unha serie de pautas para incorporardes un enfoque onde as persoas non sexan só obxecto do proceso, senón suxeitos activos que achegan experiencias, facilitando que poidan fortalecerse as súas capacidades e habilidades.

Tende en conta que:

  • Os grupos son máis que a suma dos individuos, e, por tanto, cada grupo ten características diferentes. A dinámica dun grupo depende das súas características: o seu tamaño, o perfil das persoas asistentes, a duración do taller, o lugar onde se imparte...
  • Tende en conta como funciona o grupo, o nivel de coñecemento que ten e a maneira de recompilar e procesar información útil para a toma de decisións.
  • Cambiade a idea que temos de formador/a como “persoa experta”, e pensade que todo o mundo ten algo que achegar nun tema. Convértete en facilitador/a, de forma que o teu obxectivo principal sexa orientar o tema que se está a tratar.
  • Tende en conta o tempo que se vai dedicar a cada parte do taller e asegurádevos de que non quede sen tratar o máis importante por falta de tempo.
  • Aclarade ás persoas participantes o obxectivo do taller/sesión; isto permite que poidan situarse no proceso e participar de forma activa.
  • Xerade espazos onde se posibilite a reflexión, adaptándovos ao grupo, ás súas necesidades e capacidades. Podes utilizar ferramentas participativas que favorecen estes aspectos e consultar este manual para obter máis información: www.youtube.com/watch.
  • Intercalade nova información con experiencias persoais dos/das participantes.
  • Resumide e retomade sempre o aprendido.
  • Permitide que todos tomen decisións sobre o que queren aprender, o que os motiva e aquilo en que lles interesa afondar.
  • Ponde en práctica o aprendido no taller, para que se comprenda como poden aplicarse conceptos ás cuestións que son do seu interese.

OLLO! As actividades participativas logran mellores resultados respecto aos obxectivos da educación en dereitos humanos, mais requiren maior preparación que unha actividade “normal”. Podedes encontrar talleres xa elaborados e diferenciados por temáticas na web da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.

Como realizar unha recollida de sinaturas para Amnistía Internacional

A recollida de sinaturas é unha ferramenta que se utiliza en Amnistía Internacional para incidir en casos individuais. É unha oportunidade para mobilizar a sociedade civil no seu conxunto e facer presión nos gobernos e institucións que incumpren as súas obrigas en materia de dereitos humanos. Para iso, o máis efectivo é que fagades algunha destas cousas:

  • Poñédevos en contacto co grupo de Amnistía Internacional máis próximo ou escribide a: redescuelas@es.amnesty.org; indicarémosvos as peticións que están activas.
  • Entrade na sección de “Accións rápidas” da web da Rede de Escolas. Aquí poderedes encontrar peticións activas e as súas datas límite.
  • Informádevos sobre o caso ou os casos para os que realizaredes a recollida de sinaturas: o contexto, a situación, as vulneracións de dereitos humanos que se cometen contra esa persoa ou persoas. Tamén debedes ter claro a quen irán dirixidas as sinaturas que se consigan, e cales son as peticións relacionadas cos dereitos humanos.
  • Falade coa dirección do centro para que autorice a instalación dunha mesa para a recollida de sinaturas, pensando nos horarios en que se vai realizar, o día e as quendas. Tamén podedes comentar as formas en que a dirección pode difundir a actividade.
  • Escollede unha boa situación para que a mesa sexa visible; pensade no material que necesitaredes, e que credes que podedes facer para que a xente se implique.
  • Distribuíde ben as tarefas para que non asuma alguén toda a organización.
  • Dádelle publicidade ao horario e á situación da mesa cuns días de antelación a través de anuncios nos taboleiros do centro, blog ou redes sociais, ou algún folleto animando a xente a participar.
  • Poñédevos en contacto co grupo más próximo á vosa localidade, para facerlles chegar as sinaturas que conseguistes.

Todos os anos decorre o maratón mundial de recollida de sinaturas sobre algúns casos concretos de persoas que viron vulnerados os seus dereitos. Lévase a cabo en torno ao 10 de decembro, Día Mundial dos Dereitos Humanos. É unha boa oportunidade para concienciar e promover a participación da comunidade educativa (alumnado, profesorado e dirección, nais e pais, persoal non docente...) na defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, aínda que non é a única, e sempre podedes organizar unha recollida de sinaturas por un caso de acción urxente ou polo que se está a facer campaña.


A gran meta da educación non é o coñecemento, senón a acción.

Herbert Spencer

Outras posibles actividades

Como organizar unha mesa redonda

Montar unha mesa redonda pode levar tempo, mais é unha actividade que permite que os relatores poidan dar diferentes puntos de vista en relación cun tema. Tende sempre en conta a dispoñibilidade das persoas con que queredes contar, sendo flexibles e barallando posibles cambios de data e hora, aínda que a idea inicial fose outra.

Hai moitas formas de realizar unha mesa, mais é importante que os/as asistentes se sintan partícipes, polo que incorporar un tempo de preguntas ao final da exposición de cada relator ou cando terminen todas as exposicións é un elemento clave que serve ademais para xerar e permitir un debate enriquecedor.

O papel da moderación é fundamental!

  • Introducide o tema en 2 ou 3 minutos como máximo.
  • Presentade os relatores que van participar na mesa.
  • Controlade os tempos de exposición de cada relator.
  • Avisade cun papeliño cando lles quede pouco tempo, para que poidan cerrar a súa intervención.

Comprobade se estades pondo correctamente en marcha a actividade:

  • O título e o tema que se van tratar están claros.
  • Pensouse nos diferentes puntos de vista e realizouse unha lista de posibles relatores.
  • Hai data orientativa e duración da mesa, con tempos específicos para cada intervención.
  • Contactouse cos/as relatores/as para ver a súa dispoñibilidade.
  • Hai unha persoa encargada da moderación.
  • O material de apoio está preparado (cando se reúne o grupo escolar, información sobre Amnistía Internacional, material que facilitan os/as relatores/as...).

Como levar adiante unha actividade de sensibilización: o exemplo dunha exposición ou mural compartido

As actividades de sensibilización dan a coñecer casos ou situacións de vulneración de dereitos humanos e xeran actitudes positivas de respecto, solidariedade e tolerancia cara ás persoas ou as situacións sobre as que sensibiliza.

Os murais compartidos permiten que se incorporen outros puntos de vista, sentimentos, ideas ou mensaxes de solidariedade cara a un tema que nos preocupa. É unha oportunidade para facer partícipe a comunidade educativa.

Comprobade se estades levando a cabo correctamente a actividade::

  • O tema sobre o que queredes realizar o mural coincide cun tema prioritario de Amnistía Internacional.
  • Falade coa dirección do centro para determinar o espazo onde se colocará o mural compartido, e para saber se pode realizarse como actividade do centro, dunha clase ou curso determinado.
  • Concretade coa dirección o día e a hora para a realización do mural compartido.
  • Preparade o material que necesitaredes (rotuladores, pinturas...). Podedes realizar un mural con recortes ou exclusivamente debuxando e pintando sobre un papelógrafo grande.
  • Dade publicidade á hora e ao lugar para a realización do mural cuns días de antelación a través de anuncios en taboleiros do centro, blog ou redes sociais, ou algún folleto animando a xente a participar.
  • Á hora de realizar a actividade, é importante que indiquedes que as mensaxes, os comentarios, as ideas ou os sentimentos teñen que expresarse sempre cunha actitude de respecto. Non permitades dentro do mural elementos sobre o tema que estades expondo que sexan ofensivos.


Actualmente a crueldade máis grande é a indiferenza. Coñecer pero non actuar é unha forma de consentir as inxustizas.

Elie Wiesel, Premio Nobel dla Paz, 1986