Amnistía Internacional define así a educación en dereitos humanos:
“A educación en dereitos humanos é unha práctica deliberada e participativa, destinada a potenciar os individuos, grupos e comunidades mediante a promoción de coñecementos, habilidades e actitudes coherentes cos principios de dereitos humanos internacionalmente recoñecidos”.
“Como proceso a medio e longo prazo, a educación en dereitos humanos pretende desenvolver e integrar as dimensións cognitiva, afectiva e actitudinal das persoas, incluído o pensamento crítico, en relación cos dereitos humanos. O seu obxectivo é a creación dunha cultura que promova o respecto polos dereitos humanos e a acción na defensa e a promoción destes dereitos para todos.”
Estes dous enrevesados parágrafos conteñen as seguintes ideas clave respecto á educación en dereitos humanos, que debes ter claras:
As Nacións Unidas definiron a educación en dereitos humanos como “o conxunto de actividades de capacitación e difusión de información orientadas a crear unha cultura universal na esfera dos dereitos humanos mediante a transmisión de coñecementos, a ensinanza de técnicas e a formación de actitudes”, coa finalidade de:
a) Fortalecer o respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.
b) Desenvolver plenamente a personalidade humana e o sentido da dignidade do ser humano.
c) Promover a comprensión, a tolerancia, a igualdade entre os sexos y a amizade entre todas as nacións, os pobos indíxenas e os grupos raciais, nacionais, étnicos, relixiosos e lingüísticos.
d) Facilitar a participación efectiva de todas as persoas nunha sociedade libre e democrática en que impere o Estado de dereito.
e) Fomentar e manter a paz.
f) Promover un desenvolvemento sustentable centrado nas persoas e a xustiza social.