Idade recomendada: 16+
Hai moitos nenos, nenas e adolescentes menores de 18 anos que chegan a España sen axuda nin coidado dunha persoa adulta.
Detrás destas persoas agáchase a realidade de millares de rapaces e rapazas que se ven forzados a abandonar os seus fogares fuxindo de situacións de pobreza, conflitos armados e graves vulneracións dos dereitos humanos. A pesar da súa curta idade, percorren as mesmas rutas migratorias que as persoas adultas e enfróntanse a múltiples violacións dos seus dereitos en travesías que, nalgúns casos, poden durar meses e mesmo anos.
A pesar das dificultades, non se renden. Estes menores emprenderon a travesía máis dura da súa vida para alcanzaren un futuro, para poderen valerse por si mesmos. Malia a súa xuventude, son todo un exemplo de resiliencia e valentía. A súa vontade de saír adiante e contribuír á comunidade é admirable e fainos esperar un futuro mellor.
Que che propomos?
Desde Amnistía Internacional e Radio ECCA queremos contribuír a unha vida mellor e máis digna destes rapaces e rapazas, e a que se respecten os seus dereitos humanos. Moitas veces, a adaptación ao chegar non é sinxela, polo que vos propomosescribir mensaxes de solidariedade, que nalgúns casos se converterán en correspondencia, entre estudantes do teu centro escolar e adolescentes migrantes que participan no programa CONTIGO de Radio ECCA.
Como poñer en marcha a acción?
NOTA IMPORTANTE:A maioría dos rapaces que participan nos proxectos de ECCA teñen 16 ou 17 anos, polo que cremos que o mellor xeito de que se establezan intereses comúns e conexión é con estudantes de 4.º de ESO e 1.º e 2.º de BACHARELATO. Iso non impide que o alumnado de cursos inferiores poida participar e mostrar solidariedade, mais establecer correspondencia pode que sexa máis complicado.
Ligazóns con información de interese:
Programa CONTIGO de Radio ECCA
Problemas a los que se enfrentan los MENAS. Desmontando bulos
Propostas educativas complementarias:
BD ‘Dos viajes por una vida mejor’
Test sobre persoas refuxiadas (a través da plataforma Kahoot)
Se fose unha persoa refuxiada, como sería a miña vida?:xogo sobre o tránsito dunha persoa refuxiada
Dereitos humanos das persoas refuxiadas: conxunto de talleres
Sobre Radio ECCA
Comezou a emitir en Gran Canaria a mediados dos anos sesenta (e nas súas orixes dedicouse á alfabetización a través da formación a distancia). Radio ECCA ten un sistema educativo para adultos propio, ao que denominaron Sistema ECCA, que se basea na sincronización do material pedagóxico, a clase gravada (radiofónica ou a través de internet) e a titoría presencial ou telemática. Actualmente é unha institución educativa, comunicativa e de acción social que ofrece máis de catrocentas accións educativas que abranguen campos tan diferentes como as tecnoloxías, a educación básica, o bacharelato, idiomas, a intervención familiar, o tempo libre, a saúde ou o medio ambiente.
Sobre Amnistía Internacional
É un movemento global de máis de 10 millóns de socios, socias, activistas e simpatizantes que loitan por unha humanidade xusta e libre en que todas as persoas vivamos con dignidade. É independente de todo goberno, ideoloxía política, interese económico ou credo relixioso, e o seu traballo baséase na investigación e o activismo.